O Partido Popular de a Pobra sae ó paso das declaracións realizadas o pasado xoves polo alcalde Xosé Lois Piñeiro, durante unha asamblea cos veciños relacionada coa instalación dun velatorio na rúa Venecia. O voceiro do PP da Pobra, Manuel Durán apuntou que o seu grupo non tiña coñecemento da realización de dita asamblea, tras coñecer esta nova pediron por escrito o expediente da instalación do velatorio, en canto podan estudalo posicionaránse ó respecto.
Afirman entender o enfado dos veciños, pero destacan que iso non xustifica o que ocorreu na asamblea, e critican que se implicase ó seu grupo político nesta lea.
Durán destaca que se debe adoptar unha postura institucional e o concello debe cumplir a lei.
https://www.youtube.com/watch?v=d7xvnuDan9M




