Os bos resultados seguen sen acompañar ao Noia Feminino na súa segunda temporada na Primeira División Galega Arzúa-Ulloa. A xornada 6 presentábase para as noiesas como unha data sinalada para volver a sumar, e ante un rival directo: o Friol “B”. Sen embargo o conxunto adestrado por Carlos José Lorenzo non deu coa tecla sobre o verde da Reigosa e caeu por 3-1.