O Partido Socialista de Galicia xa ten ao seu candidato para as vindeiras eleccións autonómicas. José Ramón Gómez Besteiro encabezará a proposta do PSdeG nunha nova cita electoral logo de ser o único que presentou a súa candidatura ás primarias do partido e que reuniu os avais precisos. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou a unidade do partido entorno a Besteiro nesta nova carreira electoral.
BESTEIRO ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DO PSDEG Á XUNTA. OS SOCIALISTAS GALEGOS RESPALDAN AO SEU CANDIDATO E VIVEN UNHA ÉPOCA DE ILUSIÓN


