Membros do BNG de Lousame e da comarca do Barbanza amosaron o seu rexeitamento ó proxecto da empresa “Gestora de Residuos del Noroeste, S.L.”. Nada mais rematar a sesión plenaria, o concelleiro do BNG de Lousame Amador Turnes Núñez, o responsable nacional do BNG de políticas para o medio ambiente, Carlos Blanco Ansoar, e membro do BNG da Barbanza Luís Perez Barral deron conta dos inconvintes que pode traer a construción da planta para a comarca. Apuntan que se van soterrar 770,000toneladas de residuos tóxicos e non tóxicos no monte de Lousame.
Dende o BNG de Lousame critican que a moción presentada por parte da plataforma veciñal contra a instalación da planta non obtivese mais apoios que os do BNG e o partido da Terra.
O BNG teme que os residuos queden soterrados para sempre no monte de Lousame, preto de regatos, coa posibilidade de contaminar a auga e a ria.
https://www.youtube.com/watch?v=QM74bmCfEgc