Tras catro encontros disputados na casa, o Noia Portus Apostoli puido brindarlle á súa afección o primeiro triunfo da temporada no Agustín Mourís. Foi unha vitoria moi traballada e importante nun duelo directo pola permanencia ante o Family Cash Alzira. Este choque de urxencias resolveuse no tramo final do encontro cando os brancos desequilibraron a balanza ao seu favor co 2-1.