Uns incendios supostamente intencionados deixaron un coche e varios contedores calcinados en Aguiño

A madrugada do sábado foi intensa en Aguiño onde arderon varios contedores e un vehículo. O vehículo, un ford focus de apenas dous anos de antigüidade estaba estacionado na rúa Manuel Murguía, un veciño escoitou unha explosión as 4 da madrugada, cando mirou pola fiestra o vehículo estaba ardendo, poloque deu aviso á policía. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros pero pouco puideron facer por salvar o turismo, xa que o lume comezou pola parte do motor.

Segundo explica a propietaria do turismo, todo parece indicar que o lume foi intencionado, polo que pide ás forzas da orde que aumenten a vixilancia na zona, ó non ser esta a primeira vez que queiman un vehículo, ou causan outro tipo de danos.

Ante esta situación, que rematou coa perda dun vehículo, e que puido xerar males maiores, Ventura pide que se tomen medidas para por freo ó vandalismo na zona.

https://www.youtube.com/watch?v=OUUlyWs7AFM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.