Multitudinaria manifestación a de esta mañá ás portas da Deputación de Pontevedra na Avenida de Montero Ríos. Case trescentos bombeiros da comarca do Barbanza e de toda Galicia, que levan en folga dende xuño, mobilizáronse para loitar polos seus dereitos.