Partido moi igualado o desputado no campo do Vao entre o Boiro e o Coruxo, mais un penalti moi protestado polos barbanzás deu a vitoria ó equipo local.
O partido foi moi vistoso, con ocasións de gol para ambos equipos e cun Boiro que amosou o bo xogo que realiza en varias ocasións, sen embargo coa lesión de Mateo no minuto 16 o xogo compricouse un pouco.
Unha xogada sobre sobre Iago foi protestada polo Boiro ó sacarlle o árbitro cartón amarelo ó lateral boirense, cando o equipo entendía que era un claro penalti.
Na segunda parte o Boiro brillou con luz propia pero non deu logrado o empate, pese ás brillantes xogadas realizadas, unha delas a de Manu Rodríguez que a piques estivo de lograr o empate minuto 54.
Nos últimos minutos Pedro Vázquez, anotaba o de vaselina o último gol da tarde que arroxaba o resultado de 2 a 0. O Boiro está 16º na Clasificación con 7 puntos, o próximo domingo enfrontase o Izarra.