jueves, septiembre 28, 2023

Os de Fredi comezaron con forza o partido, no minuto 24, Marcos anotaba o primeiro gol do partido , adiantándose asi no marcador, resultado co que marcharían ó descanso. O Boiro realizou un bo xogo, dominando a primeira parte do partido, pero na segunda as cousas cambiaron tras unha falta causada sobre Bruno, que foi derrubado na area. O árbitro pitou penalti e o Izarra aproveitou para igualar o resultado por mediacion de Cabrera.

Un total de 2.561 persoas participaron este verán nas primeiras actividades Starlight desenvolvidas nas Illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre de Galicia. Este foi un dos datos que destacou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, durante a rolda de prensa de balance de actividades nos illotes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que é un dos catorce destinos de todo o mundo que conta coa distinción de Destino Turístico Starlight, que permite a observación dun ceo nocturno da máxima calidade e libre de contaminación lumínica.

Estas actividades, que foron obxecto dunha gran demanda e acollida, consistiron en visitas guiadas en familia para o coñecemento do ceo nocturno, un maratón nocturno, e unha actividade chamada O que a noite esconde, na que se interpretan os fenómenos astronómicos da man de asociacións de astrónomos.

Tamén se fixeron rutas teatralizadas, nas que os visitantes tiveron a oportunidade de coñecer a personaxes doutros tempos vinculados coas illas do Parque, así como rutas marítimas de navegación nocturna.

Ata o 30 de setembro, máis de 380.000 visitantes achegáronse aos distintos arquipélagos do parque (Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora), unha cifra similar á do ano 2015. Deste total, 265.000 visitaron as Cíes, o arquipélago con maior afluencia, preto dun 70% do total, seguido de Ons con 84.000 visitantes, cun 22%.

Como é habitual, no período estival concentrouse a inmensa maioría das visitas, con preto de 310.000 visitantes, un 81,5% do total. Esta cifra reflicte un incremento importante durante o verán en comparación co ano 2015, pasando dos 288.000 visitantes nos meses de xullo, agosto e setembro do pasado ano aos preto de 310.000 deste verán.

Outro dato significativo é o número de embarcacións deportivas que solicitan a autorización de navegación anual, o que demostra o gran atractivo destas illas para o turismo náutico. En 2016 foron 8.706 o número de embarcacións rexistradas e constatouse un importante aumento dos barcos estranxeiros, principalmente de Portugal, Francia e Gran Bretaña.

O Parque desenvolve programas educativos deseñados para as distintas idades, nas que participaron mais de 40.000 alumnos ao longo do curso 2015-2016. Hoxe mesmo comezan as actividades do curso 2016-2017, que se celebrarán no Centro de Visitantes do Parque no Edifico Cambón; ao que engadiu que tamén case 3.000 persoas se achegaron en 2016 ata este edificio para participar nas actividades didácticas e divulgativas para adultos.

https://www.youtube.com/watch?v=cbImTYZtGxk

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.