O Barbanza vivirá esta fin de semana a emoción dun deporte que non se disputou ata o de agora: o fútbol gaélico. Esta disciplina na que o balón, as mans e os pés son protagonistas contará co seu primeiro representante da comarca na Liga Galega de Fútbol Gaélico na categoría masculina: o Galicia Bealo Lorchos. A temporada xa comezou, pero o equipo de Boiro debutará este domingo na competición e o fará na casa.