1 para Boiro 3 para choco. O partido comezou coa posesión do esférico e boas combinacións do Boiro que así chegou con perigo aos dominios de Cortegoso. Ao minuto un, Mario non acertou a rematar de cabeza un bo centro de Añón. Catro minutos máis tarde, Armental desaproveitou outra boa oportunidade ao enviar fose un tiro desde dentro da área. O de Ribeira tivo outra no minuto 20 pero o balón foise pegado á cepa do poste.
O Choco adiantouse no marcador e o mazazo foi tremendo. Os visitantes estaban a facer un bo partido pero sen crear perigo e contendo aos locais. Tras o tanto, os de Gelucho seguiron buscando a portería rival pero sen sorte. Mario desaproveitou outra boa ocasión. O cérbero visitante volveu lucirse a un tiro de Añón.
Tras a continuación, os locais non chegaban con tanta facilidade á meta contraria. O porteiro visitante tivo un período máis tranquilo e sen sobresaltos.
O conxunto barbancés quería chegar pero os seus ataques morrían ao bordo da área ou terminaban en córner. Un Boiro envorcado propiciou que as contras do equipo de Redondela fosen letais e así chegaron os outros dous goles que lles deron os tres puntos, chegando a primeira derrota da tempada dun Boiro sen pegada.
Noia e Xallas empataron onte en San Lázaro, o resultado soi 1-1.
A promeira metade foi bastante mala por parte dos dous equipos na que apenas houbo aproximacións á área rival, aínda que o Noia se achegou con máos perigo.Tras a reanudación, os locales foron superiores e mereceron quedarse cos puntos.
Un ribeira bastante espeso chegou de vacío de Castro. O marcadou quedou 2-0 a favor do Castro. Según apuntaron fontes do Atlético, o primeiro golveu tras un erroda trencilla que pitouunha falta contra o Llona o borde da área cando foi ao revés. O penalti tamén foi bastante discutido pois según explicaron, o balón rebotou nun brazo dun defensor ribeirense.
http://youtu.be/bCKGeTQahwc