O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo reuniuse co alcalde Rianxo. Estivo acompañado pola directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto, para coñecer de primeira mano as necesidades do concello e avaliar as posibles vías de colaboración.