O estadio da Alta viviu unha tarde de paixón o sábado co derbi comarcal entre o Puebla e o Unión. Un partido intenso na Primeira Galega que rematou con 3-2 a favor dos pobrenses. Mentres, a Esteirana acabou caendo ante o Tordoia por 1-4. Por último, o Valiño non foi rival contra o Negreira (2-3).