Tras ser aprobada por unanimidade da corporación en setembro do 2015 unha moción para por en marcha un programa de axudas para o desprazamento dos estudantes, e logo de levarse a pleno o regulamento das axudas,a día de hoxe o BNG descoñece se os mozos e mozas de A Pobra que cursan estudos universitarios ou na FP dispoñen de ditas axuda para este fin. O concelleiro do BNG , Ramiro Ouviña, afirma descoñecer se chegaron a solicitarse.
Dende o BNG pregúntanse se foron solicitadas as axudas no pasado curso e no presente, de ser así tamén queren saber, cando foron convocadas e serán aboadas, para este curso, e na do pasado curso queren saber cando foron aboadas.
https://www.youtube.com/watch?v=jWZB7cZI-xU