Sobre 5 millóns de euros é o financiamento que precisa o Concello de Porto do Son para levar a cabo a modernización da fachada de Coira en Portosín. Un proxecto que se une ao acondicionamento do bordo portuario sonense, un dos traballos premiados na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, na súa XVI Edición.