jueves, septiembre 28, 2023

A Consellería de Política Social e AFAES preparan o Día da Saúde Mental cunha serie de actividades que concentrarán a atención mundial na identificación, tratamento e prevención destes trastornos

O conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, visitou na mañá de hoxe a Asociación de Familiares e Amigos dos Enfermos Psíquicos AFAES sita en Narón e que desenvolve a súa labor na área sanitaria de Ferrol. Alí o conselleiro fixo unha alegación en prol da inserción social daquelas persoas que sofren algunha discapacidade ou enfermidade mental e destacou a “gran contribución” que estas persoas tamén fan a Galicia.

Co gallo do Día da Saúde Mental que se celebra o vindeiro 10 de outubro e que ten como obxectivo concentrar a atención mundial na identificación, tratamento e prevención dos trastornos emocionais ou de conduta, AFAES Portanova levará a cabo unha serie de actividades durante toda a semana entre as que destacan exposicións, charlas, magostos ou a disposición dunha mesa informativa no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O conselleiro en funcións animou a toda a sociedade a participar neste dia de concienciación da realidade destes problemas xa que “a sensibilización e a empatía son o único camiño posible cara un país diverso no que todos sexamos tratados por igual e contemos coas mesmas oportunidades”.

O conselleiro en funcións referendou a colaboración da Xunta de Galicia con este tipo de asociacións e destacou que ano tras ano medra a confianza da Consellería de Política Social con AFAES. Así, sinalou que desde o Goberno autonómico “seguiremos apoiando o traballo destas asociacións nos vindeiros anos”. Nesta liña lembrou que no curso 2016, o Goberno autonómico investiu en AFAES un total de 31.140 euros, un 76% máis que en 2015 cando se investiron 17.656 euros.

https://www.youtube.com/watch?v=HuWoI2DNI70

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.