A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións presentou hoxe o cronograma da reordenación e modernización do sistema de transporte público de viaxeiros por estrada en Galicia

O Goberno galego destinará un total de 2,5 millóns de euros á reformulación do mapa de servizos que integrará novas fórmulas como o transporte á demanda, un investimento que será confinanciado con fondos do programa operativo Feder 2014-2020, garantidos grazas á importante xestión realizada ante a Unión Europea.
A titular de Infraestruturas subliñou que se trata dun reto importante, posto que cómpre reordenar por completo un sector para conseguir unha cobertura dos servizos de transporte adaptada ás necesidades dos veciños. Neste sentido, prevese a introdución de novas modalidades de transporte como o servizo baixo demanda, para facer que o transporte sexa máis accesible en todo o territorio galego e chegue a todos os cidadáns, vivan onde vivan.

Para poñer en marcha esta reordenación do sistema a Xunta conta cun instrumento normativo fundamental: a Lei 10/2016, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia, aprobada en xullo, que recolle a elaboración dun Plan de Transporte Público de Galicia como canle para a actualización do transporte público de Galicia.
Este texto define o transporte á demanda, xa que entre o seu contido básico recolle a implantación de sistemas de xestión que respondan ás necesidades dos usuarios e que promovan a máxima expansión da oferta do transporte público nos ámbitos rurais.

https://www.youtube.com/watch?v=KJN7K2KuLOs

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.