O esférico tampouco se deterá na Primeira Galega, que vivirá a súa sexta xornada. Estará chea de emocións xa que se vivirá un novo e intenso duelo barbanzán entre o Puebla e o Unión. A Esteirana quere prolongar a súa boa racha no seu encontro ante o Tordoia mentres que o Valiño terá unha dura proba ante o Negreira.