Santalucía Asina Convenio Con Cogami, En Presenza De Beatriz Mato, Que Permitirá A Práctica Do Deporte Adaptado A Preto De 600 Persoas Con Discapacidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) asina, o martes 23 de setembro, ás16:30 horas, nas instalacións da CABES en Santiago (rúa Manuel María, 6-8, en Salgueiriños), un convenio de colaboración con santalucía seguros, en presenza da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

A través desta sinatura, santalucia entregará á organización 39.000 euros, unha contribución económica que vai ser destinada a un proxecto denominado Máis que lecer, que permitirá que preto de 600 persoas con discapacidade poidan practicar deportes adaptados como son hipoterapia, ciclismo inclusivo, xornadas multideportivas entre centros que forman parte de COGAMI, ademais de navegación a vela lixeira e a realización de bautismos de mar a bordo do veleiro adaptado Laion.

http://youtu.be/77DBCVEnL0U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.