martes, octubre 3, 2023

BREAKING

O concello de MUROS aforrará máis de 3.000 euros ao ano coa sustitución das luminarias en vías da rede principal

O Concello de Muros sustituiu 131 puntos de luz do viario municipal, 62 luminarias en Louro, 47 en Serres e 22 en Abelleira. Comezouse polo alumeado público por seren os puntos de luz de maior potencia e, polo tanto, de maior gasto, e cambiou as luminarias de vapor de sodio de 150w por uns modernos LED de 79w.

Só na diferencia de consumo, este cambio aporta un aforro de 3.000 euros anuais, ao que hai que engadir un aforro considerable no mantemento, xa que as luminarias LED teñen entre 4 e 5 veces máis vida operativa que unha lámpada de sodio. Aforro que non vai en detrimento da calidade do alumeado, xa que os LED teñen unha mellor reprodución cromática, o que garantiza unha alta luminosidade e visibilidade.

Segundo a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, a intención é continuar con este tipo de intervención no resto do alumeado público do concello así como nos edificios públicos.

Con respecto aos edificios, María Xosé Alfonso sinala que xa se fixo o cambio a focos LED no muiño de marea Pozo do Cachón e se está facendo pouco a pouco nos centros de ensino do municipio. Todo isto forma parte dun plan para a implantación dunha maior eficiencia enerxética nos edificios e no alumeado público, co obxectivo do inmediato e real aforro de recursos públicos sen perder calidade.

https://www.youtube.com/watch?v=Val0dCbuBGE

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.