Mais de 800 deportistas participan este fin de semana no Open de Taekwondo Cidade de Riveira

Mais de 800 deportistas de 50 clubs de España e Portugal participarán este fin de semana no XVI campionato de Taekwondo cidade de Riveira.
Esta maña o evento foi presentado na casa consistorial de Ribeira polo edil de deportes, Anxo Orellán, e dous representantes do club organizador, o Natural Sport Videlgui, Juan Luis Martinez, adestrador do Club e o Presidente do club, José Francisco Agrelo.

Segundo explicou o adestrador do club ribeirense, esta non é a mellor data para a celebración deste campionato, que tivo que adiantarse por mor doutras competicións da federación, porén algúns dos mellores competidores non poderán participar.

O campionato traerá ata Ribeira a mais dun milleiro de persoas, o que ven a sumarse ás que participan na carreira popular Santa Uxía.

Dende o Natural sport agradecen a a colaboración dos patrocinadores.

https://www.youtube.com/watch?v=djB4auXo0hA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.