Coa finalidade de lograr o sacrificio cero pero tamén o abandono cero de animais, ponse en marcha unha campaña de esterilización de cans e gatos na Pobra do Caramiñal. Unha campaña que xurde logo de atopar varias camadas de animais en contedores do lixo.
O veterinario Ramiro Tubío apuntou a idoneidade deste método de control da natalidade nos animais, en especial no caso dos gatos, xa que cada femia pode ter ó longo da súa vida numerosos fillos.
Dende o concello indicaron que se van colocar pegatinas nos contedores para concienciar ós propietarios de animais en contra de tiralos ó lixo. Os interesados poden anotarse no teléfono
881 163 821 e aproveitar o desconto do 10% .
https://www.youtube.com/watch?v=7-uerpb-fmw