Ribeira contará cun orzamento aprobado a partir de mañá. O equipo de Goberno presentou esta mañá as liñas mestras deste documento que difire do documento presentado polo anterior Executivo e que ascende a 36,3 millóns de euros, polos 32,1 do equipo saínte. Orzamento que se considera necesario para dar cobertura ás necesidades básicas do concello e no que destaca os 12 millóns de euros en investimentos.