Este mércores ás 20.00 horas os grupos da corporación de Ribeira debaterán no salón de plenos unha cuestión definida en varias ocasións de primordial: o orzamento do 2023. O equipo de Goberno presentará nunha sesión extraordinaria a súa proposta para aprobala, un presuposto que ronda os 36 millóns de euros. O PP ribeirense apunta que non houbo diálogo por parte do Executivo local e que se está a perder calidade democrática.