Chegan dúas novas exposicións ás plantas do Museo do Gravado de Artes. Os 65 cadros contemporáneos da mostra ‘A oca dos artistas’ xunto ás láminas do século XVII de ‘A imitación de Cristo’ de Thomas A. Kempis, unha das obras relixiosas máis lidas no mundo e que agora está ao alcance da veciñanza do Barbanza cos gravados realizados por artistas franceses.