Os gandeiros non poden máis, así o afirmaron despois do último ataque do lobo, que deixou duas vacas mortas en Lousame, unha delas preñada. Os feitos sucederon o fin de semana nunha parcela de Fruime, onde as vacas estaban a pastar, cando o propietario do gando chegou, atopou unha das vacas recén morta, todavía sangrando no camiño, e un pouco mais a diante os restos da outra, apenas lle quedaba a cabeza, unha perna e as costelas. Os gandeiros non agochan o seu enfado, destacan que non se trata dun feito illado, xa que nesta mesma finca, que está completamente pechada, o lobo xa matou 4 vacas en menos dun mes.
As perdas son cuantiosas, cada animal morto pode rondar os 1500 euros, e en moitos casos as vacas nen se atopan , xa que na fuxida do lobo corren monte abaixo e acaban mortas en zonas que o gandeiro non visita.
Os ataques son frecuentes na Serra do Barbanza, moitos gandeiros prefiren non denunciar públicamente o que acontece, a comezos de ano o lobo matou 17 ovellas en Lousame, e no que vai de ano xa leva varias vacas. As axudas que se dispoñen dende a administración son compricadas de cobrar, segundo explican os gandeiros, hai que demostrar que foi realmente o lobo quen matou o animal, na maioría dos casos acaban culpando das mortes a cans salvaxes e a xuda non se cobra. De cada 100 mortes só se cobran unhas 20, segundo explicou Luís, un gandeiro afectado de Lousame.
Os afectados piden que non se solten lobos híbridos, que os manteñan en cautividade. Xa houbo varias persoas que avistaron ós lobos, nun caso viron unha femia con tres crias.
https://www.youtube.com/watch?v=KtZoO6s2cTw