jueves, septiembre 28, 2023

O Concello de Boiro adhírese ó plan de vivendas baleiras da xunta, ó igual que o fixeron os de Ribeira e Rianxo, e que próximamente fará tamén o de A Pobra.

O Programa de Vivendas baleiras permitirá, grazas ao convenio asinado entre o IGVS e a Fegamp, destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas. Segundo explicou o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, tan so falta firmar o convenio, para o que hai que agardar á constitución do goberno na Xunta de Galicia.

Dende este concello xa se cubría esta necesidade co pago de alugueiros a familias en situación de emerxencia social. Esta non é a única axuda que se presta, o concello de Boiro tamén dispuxo a rehabilitación de varias vivendas a persoas que o precisaban, xa se rehabilitou unha vivenda en Cespón, e agora vaise rehabilitar unha vivenda que sufriu un incendio en Escarabote, e outra en Cabo de Cruz.

Grazas ó Plan de emerxencia social que conta cunha partida orzamentaria de 20.000 euros tamén se cobren outro tipo de necesidades básicas, como pode ser a compra de material escolar ou o servizo odontolóxico.

O prezo máximo do alugueiro no caso de Boiro non excederá os 300 euros mensuais.

https://www.youtube.com/watch?v=eIWAbW7CUq4

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.