19 son os cursos informáticos que se van a impartir en Ribeira durante os meses de outubro, novembro e decembro nas diferentes parroquias.
A Concelleira de Atención e Participación Cidadá, Fabiola García, acompañada polo mestre da Aula CEMIT, Abel Alonso, informou que estas accións formativas desenvolveranse nas parroquias de Aguiño, Carreira, Castiñeiras, Oleiros e Santa Uxía e teñen un custe totalmente gratuíto.
Esta ano, ademais dos cursos de iniciación á informática e dos cursos para utilizar dispositivos móbiles , contarase con dous de retoque fotográfico, dous de dni electrónico e certificados dixitais,un de crea o teu blog, de edición de audio e vídeo, de iniciación a base de datos e de preparación do CODIX, tamén se vai implantar un curso de formación exclusivo para docentes.
En colaboración coa Asociación de Empresarios de Riveira implántanse un curso de redes sociais no comercio e o de uso de internet e correo electrónico no comercio.
O prazo de inscrición para matricularse comeza mañá, día 6, e estará aberto ata o venres 14 de outubro. Os interesados poden anotarse en horario de 10 a 14 horas e de 18.30 a 21.30 horas na Aula CeMit, na rúa Cubeliños (teléfono: 981 876 043). Tamén cabe a posibilidade de anotarse vía web en:
https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution= e4s1
https://www.youtube.com/watch?v=95kTd6eWrjY