A luz non pasa factura á veciñanza por Ribeira que nota máis o encarecemento de prezos noutros sectores antes que no da enerxía. Actualmente o IVE da luz está no 5%. Unha redución que puxo en marcha o Goberno central no 2022 para protexer aos consumidores en situación de vulnerabilidade enerxética debido ao impacto da guerra de Ucraína. A medida rematará, en principio, o 31 de decembro.
A FACTURA DA LUZ NON É O MAIOR GASTO AO QUE SE ENFRONTAN AS FAMILIAS DEBIDO Á ACTUAL REBAIXA NO IVE QUE VOLVERÁ AO 21% NO 2024


