A parroquia boirense de Cures contará cun aparcadoiro e zona de ocio grazas a unha cesión de terreo do arcebispado de Santiago

O convenio asinado esta mañá polo cura párroco de Cures, Don Marcelino Barros Redondo, o alcalde de Boiro Juan José Dieste e o secretario Dalmiro Núñez é froito de numerosas xestións realizadas polo Cura párroco de Cures e o goberno local de Boiro, así como pola xenerosidade do arcebispado coa finalidade de ampliar espazos públicos na parroquia de Cures e dotala, entre outras cousas, dun aparcadoiro que alivie o numeroso e complicado trafico que soportan as estreitas rúas cando se produce un oficio relixioso, sobre todo no caso de enterros. O convenio permite gañar preto de 600m2 de terreo para os veciños, que ven a sumarse ós mais de 1900 cedidos en anteriores ocasións.

https://www.youtube.com/watch?v=OCohE9odjck

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.