Coa finalidade de facilitar o aceso á vivenda a todas as familias que o precisan o concello de Noia súmase ó programa de vivendas baleiras posto en marcha pola xunta de Galicia en colaboración coa Fegamp. O alcalde Santiago Freire explicou que xa mantiveron dúas reunións co Director xeral do IGVS, Heriberto García, e están pendentes de manter unha terceira para concretar datos.
Entre as intencións do goberno noiés está a rehabilitación de vivendas do casco histórico de Noia, xa que unha das súas prioridades é a posta en valor deste emblemático entorno. O rexedor noiés anunciou ademais a intención do Concello de mercar varios inmobles para rehabilitar.