O concello de Noia vai adherirse ó programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia

Coa finalidade de facilitar o aceso á vivenda a todas as familias que o precisan o concello de Noia súmase ó programa de vivendas baleiras posto en marcha pola xunta de Galicia en colaboración coa Fegamp. O alcalde Santiago Freire explicou que xa mantiveron dúas reunións co Director xeral do IGVS, Heriberto García, e están pendentes de manter unha terceira para concretar datos.

Entre as intencións do goberno noiés está a rehabilitación de vivendas do casco histórico de Noia, xa que unha das súas prioridades é a posta en valor deste emblemático entorno. O rexedor noiés anunciou ademais a intención do Concello de mercar varios inmobles para rehabilitar.

https://www.youtube.com/watch?v=YqWXJwMI1X4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.