O Marisqueo pechou en Muros antes do previsto a causa da escased de produto de tamaño comercial e pola presenza de toxina. Non foi unha boa campaña segundo apuntou o Patrón Maior, Daniel Formoso.
Malia que os prezos non tiveron queixa o xefe do pósito muradá agarda que o próximo ano poidan realizar unha mellor campaña. A ameixa babosa pagouse no mes de xullo a un prezo medio de 23 euros no mes de xullo, a 18,8 en agosto e a 17,3 en setembro.