Unha das palabras que define ao Noia Portus Apostoli é coraxe. O cadro noiés non se rende ante as adversidades e logo de perder en Pamplona sobre a bucina cun tanto de dubidosa legalidade afronta esta fin de semana un reto superlativo: deixar ese tropezo atrás ante o todopoderoso Barça. Os brancos queren sumar a primeira vitoria no seu casilleiro e o intentarán facer a costa do recente campión de liga.