A policía nacional celebrou hoxe a festividade do seu patrón, os Anxos Custodios. En Ribeira, o destacamento deste corpo de seguridade estatal participou nunha misa na igrexa de Santa Uxía.
Ó seu termo o inspector xefe da comisaría de Ribeira, José García García, impuxo a condecoración da Cruz Blanca ó Mérito Policial ó axente que realiza labores de seguridade cidadá Francisco Eusebio Gómez Peneireiro. Tamén foi merecedor da medalla José María Carretón Rey, especialista na loita contra os delitos tecnolóxicos, que non puido acudir ó acto.
O Comisario Xefe da Comisaría de Ribeira, José García García, apuntou que continuarán traballando para garantir a libertade de todos os cidadáns.
García agradeceu a todos os presentes no acto a súa participación, arroupando a labor que realizan dende esta comisaría.
A este acto acudiron altos cargos do corpo asi como persoeiros da vida politica e social de ribeira. A celebración rematou cuns pinchos nun coñecido restaurante do centro urbán.
https://www.youtube.com/watch?v=Mh3mmxwNLYk