O partido disputado no campo de fútbol de Barraña foi complicado, pero sobre todo moi vistoso para os 800 afeccionados que se achegaron ó campo. Os xogadores do Boiro saíron ó campo moi enchufados, despregando un gran xogo, tanto en defensa como en ataque, e colleitaron a primeira vitoria na casa.
O primeiro gol do partido chegaba no minuto 23, Pedro Beda lanzaba un tiro espectacular logo de coller un pase de Gonzalo. Os do Somozas non se amedrentaron, e realizaron boas xogadas que o Boiro soubo frear. Co resultado de 1 a 0 marcharían ó descanso.
Na segunda parte ambos equipos estiveron brillantes, o segundo gol do Boiro non chegaría ata o minuto 51, obra de Cano, dende o centro da área.
No minuto 86 Amaro acortaba distancias, anotando o primeiro gol do Somozas, e o partido remataría co resultado 2 a 1. O CD Boiro está décimo sexto na clasificación con 7 puntos, o seu próximo partido xogarao co Coruxo, o domingo ás 16:45h.
https://www.youtube.com/watch?v=Zab6OSMVwPk