O amor pola bicicleta e polas peregrinacións levou ao boirense Arturo Piñeiro a realizar un reto maiúsculo: o camiño de Santiago dende Atenas. O ciclista emprendeu a súa ruta o pasado 16 de setembro dende a capital grega e avanza sen descanso acortando a distancia que o separa da súa meta: a praza do Obradoiro.