A Primeira División Galega feminina Arzúa-Ulloa contou esta fin de semana coa disputa da segunda xornada da competición. O único equipo da comarca que xoga esta liga é o Noia, que debutou nesta temporada 23-24 con vitoria a domicilio ante o Sardoma de Vigo. Neste segundo encontro estreouse na casa, ante a súa afección, aínda que non da maneira agardada.