Conta atrás para volver a desfrutar do golf na comarca. Como vén sendo habitual, o Circuíto de Golf Barbanza Arousa regresa a Moimenta coa súa sétima edición. Trátase dunha serie de probas encabezadas polos catro concellos que forman a mancomunidade e que conta con premios para os gañadores de cada competición e os vencedores da xeral.