Os IES de Ribeira veñen denunciando dende hai tempo as carencias do transporte público para os alumnos. Uns problemas que afectan a centenares de estudantes que precisan usar as liñas de autobús para chegar ás clases, aínda que en ocasións ese servizo non pasa a tempo.