SEIS PROFESORES FINLANDESES VISITARON RIBEIRA DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS PARA COÑECER O FUNCIONAMENTO DO CIFP COROSO NAS MODALIDADES DE AUTOMOCIÓN E ELECTRÓNICA
Dende o luns ata hoxe o CIFP de Ribeira tivo seis visitantes nas súas instalacións. Media ducia de profesores chegaron de Finlandia a comezos de semana dentro do programa Erasmus para coñecer a forma de traballo e de ensinanza que se dá no centro de formación profesional de Ribeira. Unha experiencia moi positiva para os mestres especializados en Automoción e Electricidade.