O calendario deportivo da comarca segue enchéndose con novas actividades. Esta fin de semana, concretamente o 1 de outubro, desenvolverase a novena edición da BTT Bealo Party. Unha nova cita sobre as dúas rodas na que xa hai confirmada a participación de 70 persoas.