MEDIO AMBIENTE establece un programa de control minucioso para paliar os efectos dos lumes nos ecosistemas do PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pon en marcha un plan de recuperación do Parque Natural de Corrubedo paliar os efectos dos lumes nos ecosistemas do Parque Natural de Corrubedo e do Xurés. Así o trasladou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, que se desprazou ata a zona afectada polos incendios do mes de agosto acompañada polo presidente do parque natural, a Directora Xeral de Conservación da Natureza Ana Díaz, José Luis Torres e a tenente de alcalde de Ribeira Fabiola García.
Tal e como trasladou a conselleira, o pasado 7 de agosto declarouse un incendio en Corrubedo que queimou unha superficie aproximada de 45 hectáreas, 20 son de zona arborada (principalmente de Pinus Pinaster –piñeiro bravo–), outras 12 hectáreas de vexetación na Lagoa de Carregal, 8 hectáreas de vexetación das dunas grises e as 5 hectáreas restantes de matogueiras e labradíos é dicir, preto dun 4,5% do total do parque e engadiu que, en menos de dous meses despois do incendio, xa se observa unha importante recuperación da vexetación orixinal, tanto na Lagoa como nas dunas; dado que o lume só afectou superficialmente.

Mato Otero indicou que a Xunta quere conseguir unha recuperación completa do espazo no prazo máis curto posible polo que se van por en marcha unha serie de medidas entre as que se atopa a retirada manual dos piñeiros afectados polo lume, a sinalización da zona e reposicións das barreiras .

De xeito simultáneo, estableceranse unha serie de programas de control para minimizar os efectos dos lumes neste enclave natural, como o Programa de seguimento da evolución da recuperación das dunas grises, con especial vixilancia contra a súa colonización por especies exóticas ou exemplares de piñeiro; o Programa de seguimento da poboación de sapo de esporóns na charca de Vilar, xa que este anfibio está considerado como o máis escaso e ameazado de todo o noroeste peninsular. O seguimento centrarase sobre todo na próxima tempada reprodutiva para coñecer se os lumes produciron unha afección significativa que prexudique ao sapo de esporóns, aclarou.

A conselleira apuntou que este verán houbo 69 incendios de mais de 25 hectareas, arrasaron 17,676 hectáreas, das cales, 4,900 afectaron o parque natural de corrubedo e o do Xurés.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.