HOXE VIVIUSE A INAUGURACIÓN DA NOVA FÁBRICA NO POLÍGONO DE TÉ NA QUE SE INVESTIRON MÁIS DE 28 MILLÓNS DE EUROS
Hai máis dun ano anunciouse o desembarco da firma Conservas Cerqueira no polígono industrial de Té, en Rianxo. Proxecto que xa é unha realidade. A nova fábrica da firma, que ten máis de 130 anos de historia, estaba en funcionamento dende o mes de xuño pero hoxe viviuse a inauguración da megafactoría en chan rianxeiro que conta con máis tecnoloxía, unha maior capacidade de produción, máis eficiencia e respecto polo medio ambiente.