O Pleno Comezou coa lectura dun manifesto sobre a imaxe dada por Cuatro de A Pobra, manifestando o descontento do pobo e pedindo unha rectificación, foi apoiada por unanimidade.
A continuación a presidente da Ampa, María Rego, falou no pleno, explicando o problema xurdido no colexio trala xubilación en setembro dunha mestra. O número de nenos variou no centro e collen dez grupos de 25, a ratio máxima por lei, e o día doce atopáronse co problema. A clase de cuarto de primaria ten 6 profesores, e agora moveron 74 nenos para facer coincidir as clases. Solicitan o apoio de todos os grupos para que se poña unha mestra máis, a que tiñan concedida. O próximo curso apáñanse porque haberá menos nenos porque marcha unha xeración con moitos alumnos. Piden o apoio da corporación para conseguir unha reunión co delegado territorial.
O Concello solicitará una reunión coa xefatura territorial de educación para tratar o tema convidando os grupos municipais e a anpa para participar nela.
https://www.youtube.com/watch?v=byhdmbM9yqY