Unha xornada para coñecer o novo marco marítimo para a frota. Este foi o tema no que xirou a segunda Xornada de Pesca de Ribeira que tivo lugar esta mañá na Escola Náutica. A cita organizada pola Cooperativa Ribeira OPP83 coa colaboración da Unión Europea, Xunta de Galicia e o Concello incluíu varias charlas e coloquios.