O Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA-10) non só se encarga de controlar o espazo aéreo do noroeste da península. Tamén aporta o seu gran de area para coidar o medio ambiente logo de sumarse ao plan Bosque-Defensa Iberdrola a través do cal a unión de diferentes entidades supuxo a reforestación de 10 hectáreas con case 8.000 novos árbores que axudan á descarbonización do medio ambiente.