O parón ligueiro xa quedou atrás polo que o fútbol sala regresa coa súa máxima competición. O Noia Portus Aposoli aproveitou este impás para seguir pulindo detalles na súa participación no Torneio Cidade da Póvoa e agora só pensa no seu duelo de mañá. Os noieses desprázanse a Navarra onde disputarán a terceira xornada para verse as caras co Osasuna Magna. Unha cita que os brancos levan tempo preparando a pesar das baixas.