Unión sen igual entre os alcaldes dos concellos da comarca do Barbanza e os grupos políticos da Pobra para defender a imaxe da Pobra e da comarca.

Este é o escrito asinado por toda a corporación da Pobra do Caramiñal, e apoiado polos representantes dos concellos da Barbanza, a illa de Arousa e Cambados leido polo alcalde de A Pobra Xosé Lois Piñeiro para defender a imaxe dos veciños e veciñas deste municipio e dos de toda a ría de Arousa. Os alcaldes deron un paso á fronte en resposta á indignación que sentiron todos os habitantes destes municipios tras a imaxe ofrecida dos pobos da Ria de Arousa, e en especial do da Pobra do Caramiñal no programa de Cuatro emitido a noite do martes.
Arroupado polos lideres dos grupos da oposición da Pobra, e polos alcaldes de Rianxo e Boiro a alcaldesa en funcións de Ribeira, Xosé Lois Piñeiro foi claro, pedirase unha rectificación a Cuatro en horario de máxima audiencia, e en caso de que non a fagan, resérvanse o dereito de tomar medidas legais. Xa están en contacto cun avogado. O alcalde de A Pobra tamén pediu ós veciños que non fagan extensivo enfado con todos os medios de comunicación.

Nos plenos que se van celebrar en Boiro, Rianxo, A Pobra e Cambados aprobarase un manifesto desmentindo a información dada sobre a Ria de Arousa e os seus habitantes, no concello de Ribeira aprobouse unha declaración institucional para esixir unha rectificación.
O alcalde de Rianxo e vicepresidente da mancomunidade destacou que o Barbanza e un pobo de xente traballadora e tranquila.

O alcalde de Boiro apuntou que a comarca se desenvolveu grazas ó traballo da xente, non o narcotráfico, e que conta co primeiro porto de descarga de túnidos de Europa, o porto mais importante de baixura de Europa e tamén a conserva, e a emigración.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.