Este pasado sábado o Rotogal Boiro Voleibol volveu á Cachada. O pavillón acolleu a primeira proba dos boirenses na súa preparación para a presente campaña na que o club do Barbanza competirá na Superliga2. Ademais da presentación do primeiro equipo ante a afección, o Boiro Voleibol amosou unha boa imaxe ante equipos tan potentes como o Arenal Emevé, o Dumbría e o Club Vigo. Este sábado volverán a probarse sobre a cancha aínda que co primeiro título en xogo: a Copa Galicia.